
Benvidx á Casa do Queixo Grixalba, en Sobrado dos Monxes (A Coruña). Convidámoste a compartir a vida na aldea, entre prados verdes, animais e o mellor da gastronomía galega. Queremos que gozes da esencia rural de Galicia a través de experiencias que che conectan coa natureza e a cultura local. Reserva a túa experiencia e descubre o mellor da aldea.
Dende hai décadas, a nosa familia traballa con paixón para ofrecerche un espazo de tranquilidade onde saborear a vida no campo. Aquí os queixos, os produtos da horta e a natureza danse a man para regalar experiencias inesquecibles.
Queremos que te sintas coma na casa, respirando aire puro e desfrutando da verdadeira esencia rural: Sostibilidade, respecto polos animais e calidade dos produtos artesanais
Situados en Grixalba, no corazón verde de Galicia, a paisaxe debuxa un espazo ideal para camiñar, facer turismo activo e conectar coa natureza e a cultura local.
Somos un equipo entregado ao benestar dos nosos visitantes e apaixoados do que facemos. Aquí cada sorriso conta e cada detalle importa
Leva o sabor da nosa terra á túa casa. Queixos artesáns, viños galegos, embutidos, doces… Descubre a nosa selección de produtos tradicionais na tenda de Betanzos.
Tamén podes tomar un pincho con nós, encargar as túas táboas de embutidos e queixos, ceas para grupos, catering ou gozar das xornadas de degustación que organizamos.