
Se che gusta saborear a mellor gastronomía galega feita con mimo e ingredientes de proximidade, a nosa casa de comidas en Grixalba, Sobrado dos Monxes, é o teu lugar.
O noso obxectivo: que te sintas coma na casa, respirando aire puro e degustando receitas que honran a tradición galega.
A proposta gastronómica da nosa casa de comidas en Grixalba.
No nosa casa de Comidas traballamos por tempadas. Cada estación do ano inspíranos para crear unha carta diferente, pensada para aproveitar o mellor de cada momento: produtos frescos, sabores que van e veñen como o clima, e combinacións que celebran o cambio.
Dentro de cada tempada tamén haberá espazo para sorpresas: menús especiais en días sinalados, pratos que aparecerán só por tempo limitado, e unha cociña máis viva, máis cercana e máis creativa.
Reserva previa obrigatoria
Si tienes una idea, un plato especial en mente o quieres proponer un menú específico, puedes consultarnos sin compromiso. Estaremos encantados de escuchar opciones y adaptarnos a tus preferencias, siempre que sea posible.Puedes escribirnos por email o llamarnos directamente: hablaremos, evaluaremos posibilidades y encontraremos la mejor opción para ti.También estamos abiertos para grupos, tanto para almuerzos como para cenas. Si estás pensando en organizar algo diferente, con sabor y en un ambiente tranquilo, aquí estamos.
A cociña da nosa casa en Grixalba evoluciona cara á simplicidade e á identidade. Traballamos con poucos pratos, escollidos con coidado, que nos representan e nos permiten poñer o foco na calidade, no sabor e na tempada.
A carta actual está centrada en propostas que falan por nós. Son pratos que celebran o produto, sen disfraces, con raíces fondas na terra e no mar, e cun toque que nos fai casa.
Aquí non hai artificios, só o esencial. E o que é esencial, abonda.
A nosa casa en Grixalba, naceu da rehabilitación dun pallar, ideado para albergar utensilios e curiosidades sobre o mundo do queixo. Aquí sitúase hoxe en día a nosa casa de comidas, construído con madeiras nobres e pedra, e decorado con obxectos rescatados do esquecemento que forman parte da historia da elaboración do queixo.
Na entrada atoparás un espazo onde podes tomar algo rápido e mercar os nosos produtos (queixos, viños, embutidos, etc.).
Un con capacidade para 60 comensais e outro con capacidade para 18 comensais e un antigo forno no interior.
No exterior contamos cun espazo con capacidade para 80 comensais, ideal para grupos, colexios ou celebracións especiais
Visitas de colexios ou asociacións
Eventos especiais (cumpreanos, comunións, aniversarios…)
Peregrinos, excursionistas e amantes da gastronomía
Calquera que desexe gozar dun xantar galego auténtico no noso restaurante en Grixalba
Lembra que para reservar é necesario que contactes con nos previamente.
Para facer a túa reserva chama ao 650 955 265, escríbenos ao noso correo electrónico info@casadoqueixo.com, ou cubre o seguinte formulario:
Chama
Escribenos
Visítanos