Visita a Granxa Escola / Zoo de Animais Domésticos da Casa do Queixo Grixalba e vive unha experiencia única

Se es un colexio ou asociación podes visitarnos cos teus alumnos e alumnas para gozar do contacto cos animais e a natureza na nosa granxa escola en Grixalba, Sobrado dos Monxes (A Coruña, Galicia). Con ou sen guía e monitores/as, poderedes participar nos obradoiros sobre a historia dos diferentes tipos de queixo (en especial os galegos), e tamén facer e degustar un; visitar á Casa Museo Etnográfico repleta de antigüidades, ou dar un paseo pola Ruta dos Muíños, no tramo que rodea a granxa, con posibilidade de comer na nosa casa de comidas ou durmir no noso albergue xuvenil. Tamén organizamos visitas para familias.

Educación ambiental

Educación ambiental

  • Rastros e pegadas
  • Bingo de árbores e plantas
  • Bingo de paxariños
  • Os invertebrados do río
Oficios

Oficios

  • O coidado dos animais na granxa
  • A lá de ovella
  • Cestería
  • Olería con arxila natural

 

Gastronomía

Gastronomía

  • Obradoiro de Queixo
  • Obradoiro de Pan
  • Horta ecolóxica
Historia

Historia

  • Visita ao poboado castrexo e monolitos
  • Viaxe ao pasado na Casa Vella (Museo Etnográfico)
  • Ruta de muiños e cruceiros
Lecer e deporte

Lecer e deporte

  • Tiro con arco
  • Xogos tradicionais
  • Ximkana de auga
Actividades específicas por tempada

Actividades específicas por tempada

  • Magosto
  • Entroido
  • Os Maios
  • A Malla
  • Herbas de San Xoán

 

Unha xornada na granxa 

10:00h. Formación de grupos e xogos de presentación.

11:00h. a 13:00h. Realización de 2 actividades a elexir.

13:30h. Xantar.

Se é demandado o servizo de comedor, os monitores/as atenderán os nenos/as. Se o grupo trae o seu propio xantar, seralle habilitado un comedor con servizos e calefacción para comer, facéndose cargo unha hora os sus titores. Despóis os titores poderán xantar no noso restaurante se así o desexan.

14:30h. a 16:30h. Realización de 2 actividades a elexir.

16:45h. Saída.

Durante a xornada realízanse ata 4 actividades a escoller. O horario pódese adaptar ás necesidades de cada centro. Podedes traer o voso menú ou contratar o noso Menú de excursión e o Menú degustación no Restaurante para acompañantes. Lembrade que dispoñemos dun albergue, por se vos animades a pasar na granxa máis dunha xornada.

As tarifas da granxa

 

Un día na granxa

Outubro - Abril: 25 € por participante

Maio e Xuño: 27 € por participante

*Todos os prezos inclúen o IVE vixente, así como os materiais, seguros de responsabilidade civil e equipo de monitorado. 

 

Menús

  • Menú Excursión: 9 €
  • Menú Restaurante: 18 €

*Se contratades o Menú Excursión (crema de verduras, macarróns con verduras e iogurt), inclúe 1 menú de balde para docentes/acompañantes por cada 10 participantes.

 

Campamentos / viaxes fin de curso

  • 2 días / 1 noite: 100 €
  • 3 días / 2 noites: 175 €
  • 4 días / 3 noites: 225 €

 

 

  • Consultar promocións especiáis.
  • Contamos con moitos espazos a cuberto, polo que a meirande parte das actividades poden levarse a cabo igualmente en días de chuvia. De todos xeitos as actividades adaptaranse ao grupo.
  • Para as actividades, realizaranse grupos de 10/15 participantes con cada monitor/a; o equipo docente pode acompañar pero non é indispensable. No caso de participantes con necesidades educativas especiais e/ou mobilidade reducida, o centro educativo deberá facerse cargo do acompañamento durante toda a xornada.
  • No caso dos campamentos e viaxes de fin de curso, os prezos inclúen tamén a pensión completa e as veladas nocturnas, con monitorado as 24h.
  • Recomendamos roupa e calzado axeitado segundo época do ano e previsión meteorolóxica.
  • Grupo mínimo: 15 participantes.

A quen vai dirixida

Centros educativos
Equipos deportivos
ANPAS y Asociacións
Familias y Grupos
Reservar

Reserva a túa visita á granxa

Reserva a túa visita á granxa

Se queres reservar unha visita para un centro educativo ou un grupo (+15 participantes), chama ou escribe ao 696 535 370  ou 648 87 26 09 

Para reservas no Restaurante ou Visitas Familiares contactar no 650 955 265

Escribe ao noso correo electrónico info@casadoqueixo.com

Ou cubre o seguinte formulario: 

Chama

696535370

Escríbenos

info@casadoqueixo.com

Visítanos

Casal de Abaixo nº2, Grixalba 15816 Sobrado dos Monxes A Coruña