Visita a Granxa Escola / Zoo de Animais Domésticos da Casa do Queixo Grixalba e vive unha experiencia única

Se es un colexio ou asociación podes visitarnos cos teus alumnos e alumnas para gozar do contacto cos animais e a natureza na nosa granxa escola en Grixalba, Sobrado dos Monxes (A Coruña, Galicia). Con ou sen guía e monitores/as, poderedes participar nos obradoiros sobre a historia dos diferentes tipos de queixo (en especial os galegos), e tamén facer e degustar un; visitar á Casa Museo Etnográfico repleta de antigüidades, ou dar un paseo pola Ruta dos Muíños, no tramo que rodea a granxa, con posibilidade de comer na nosa casa de comidas ou durmir no noso albergue xuvenil. Tamén organizamos visitas para familias.

Educación ambiental

Educación ambiental

  • Rastros e pegadas
  • Bingo de árbores e plantas
  • Bingo de paxariños
  • Os invertebrados do río
Oficios

Oficios

  • O coidado dos animais na granxa
  • A lá de ovella
  • Cestería
  • Olería con arxila natural

 

Gastronomía

Gastronomía

  • Obradoiro de Queixo
  • Obradoiro de Pan
  • Horta ecolóxica
Historia

Historia

  • Visita ao poboado castrexo e monolitos
  • Viaxe ao pasado na Casa Vella (Museo Etnográfico)
  • Ruta de muiños e cruceiros
Lecer e deporte

Lecer e deporte

  • Tiro con arco
  • Xogos tradicionais
  • Ximkana de auga
Actividades específicas por tempada

Actividades específicas por tempada

  • Magosto
  • Entroido
  • Os Maios
  • A Malla
  • Herbas de San Xoán

 

Unha xornada na granxa 

10:00h. Formación de grupos e xogos de presentación.

11:00h. a 13:00h. Realización de 2 actividades a elexir.

13:30h. Xantar.

Se é demandado o servizo de comedor, os monitores/as atenderán os nenos/as. Se o grupo trae o seu propio xantar, seralle habilitado un comedor con servizos e calefacción para comer, facéndose cargo unha hora os sus titores. Despóis os titores poderán xantar no noso restaurante se así o desexan.

14:30h. a 16:30h. Realización de 2 actividades a elexir.

16:45h. Saída.

Durante a xornada realízanse ata 4 actividades a escoller. O horario pódese adaptar ás necesidades de cada centro. Podedes traer o voso menú ou contratar o noso Menú de excursión e o Menú degustación no Restaurante para acompañantes. Lembrade que dispoñemos dun albergue, por se vos animades a pasar na granxa máis dunha xornada.

As tarifas da granxa

Febreiro - Marzo: 20€ por alumno/a

Abril - Maio - Xuño: 22€ por alumno/a

De Outubro a Xaneiro: 21€ por alumno/a

 

Menús

  • Menú infantil: 7€
  • Menú restaurante: 12€

 

Campamentos/viaxes fin de curso

  • 2 días / 1 noite: 85€
  • 3 días / 2 noite: 160€
  • 4 días / 13noite: 230€

 

Consultar promocións especiáis. Todos os prezos inclúen o IVE vixente, así como os materiais, seguros de responsabilidade civil e equipo de monitorado. No caso dos campamentos e viaxes de fin de curso, os prezos inclúen tamén a pensión completa e as veladas nocturnas, con monitorado as 24h. Recomendamos roupa e calzado axeitado segundo época e medio no que estamos. Grupo mínimo: 15 participantes.

A quen vai dirixida

Centros educativos
Equipos deportivos
ANPAS y Asociacións
Familias y Grupos
Reservar

Reserva a túa visita á granxa

Reserva a túa visita á granxa

Para facer a túa reserva chama ao 650 955 265, escríbenos ao noso correo electrónico info@casadoqueixo.com, ou cubre o seguinte formulario: 

Escríbenos

info@casadoqueixo.com

Visítanos

Casal de Abaixo nº2, Grixalba 15816 Sobrado dos Monxes A Coruña

Blog

Blog

Novas

RETIRO TERAPÉUTICO E DESENVOLVEMENTO PERSOAL

RETIRO TERAPÉUTICO E DESENVOLVEMENTO PERSOAL

Este ano temos a gran sorte de contar co coñecido Ángel Curtis nas nosas instalacións da Casa do Queixo de Grixalba, en plena natureza. Dende o 15 de xullo estará dando unha serie de actividades relacionadas coa meditación, o benestar e o desenvolvemento persoal. Xa se pode reservar no 650 955 265 ou no email info@casadoqueixo.com. Actividades suxeitas a mínimo de grupo.

Podedes encontrar máis información a través da páxina de Ángel Curtis, "O Rey do Fakirismo": http://angelcurtis.com

Leer más

AXÚDANOS A MELLORAR

Xa podedes deixala vosa opinión dos nosos servizos da casa de comidas CASA DO QUEIXO GRIXALBA a través do seguinte QR. Axudaranos moito para mellorala nosa atención! 

MENÚ DA BIOSFERA OUTONO-INVERNO 2023